Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Blog de música

Ola a todos e todas! Vamos deixar o enlace ao blogue que preparou Sandra a mestra de música, esperamos que vos guste moito. María e Bea. muchamusicayunpocoderuido.blogspot.com

Correcións das tarefas da semana do 23 de marzo ao 27 de marzo 2020

Bos días familias! Hoxe vos deixamos as correccións de todas as tarefas enviadas ao longo desta primeira semana. Esperamos que o blogue vos estea axudando. Un saúdo as profes María e Bea. Respostas cuadernillo 1 Respostas cuadernillo día 2 Respostas cuadernillo 3 Respostas cuadernillo 4 Respostas cuadernillo 5

Tarefas para hoxe, mañá e venres.

Bos días! Hoxe traemos unha nova. Varias familias fixéronnos a suxerencia de se podíamos subir os materias da semana o mesmo día, para podérense organizar mellor. Pola nosa banda, non hai problema, a partir de agora os luns subiremos o traballo básico de toda a semana. A maiores poderemos colgar algunha cousa máis no blogue como algúns enlaces a xogos, vídeos, etc. Calquera día. Hoxe vos deixamos as tarefas que faltan desta semana. Esperamos que isto vos axude. Moito ánimo a todos/as e grazas pola vosa colaboración. María e Bea. Cuadernillo día 3 Cuadernillo día 4 Cuadernillo 5

Tarefas de E.F.

Boas tardes, vou colgar para que teñades a man, as actividades propostas  dende o departamento de Educación Física. Xa vimos a importancia dunha alimentación sá e de facer exercicio. Esperamos que vos gusten. Moitas grazas. Hábitos saludables Muévete en casa Traballo de Educación Física para facer na casa

Horario Clan TV Programas Educativos

Boas días familias, deixámosvos esta información:  PDF

Horario para esta cuarentena

Bos días, aquí vos deixamos o horario que imos seguir nesta cuarentena todos os nenos e nenas de terceiro. Deixovolo en forma de imaxe e en PDF.  Horario cuarentena en PDF

Benvidos/as

Bos días rapaces e rapazas!   Somos as mestras de 3º e hoxe comezamos unha nova andaina. Debido a difícil e distinta situación vémonos na obriga de ir un pasiño adiante e utilizar as tecnoloxías para estar a carón de vós. Por iso, hoxe abrimos este blogue para poder compartir vídeos, enlaces, xogos e subir distintos materiais de repaso. Sei que non todos os nenos e nenas tedes internet na casa, por iso, non imos adiantar contidos, senón, repasar e abrir novas portas, para cando voltemos á escola rematar o que nos quede por ver. Espero que este blogue vos sexa de axuda. Recordatorio para as familias, este é un blogue público, calquera cousa ou dúbida é mellor utilizar as plataformas oficiais como abalar móvil. Isto será unha canle de traballo xeral non de mensaxes para protexer a intimidade do alumnado. Cumplindo así a lei de protección de datos. Moitísimas grazas. As vosas profes Bea e María .