Ir al contenido principal

Benvidos/as


Bos días rapaces e rapazas! 

Somos as mestras de 3º e hoxe comezamos unha nova andaina. Debido a difícil e distinta situación vémonos na obriga de ir un pasiño adiante e utilizar as tecnoloxías para estar a carón de vós.

Por iso, hoxe abrimos este blogue para poder compartir vídeos, enlaces, xogos e subir distintos materiais de repaso.

Sei que non todos os nenos e nenas tedes internet na casa, por iso, non imos adiantar contidos, senón, repasar e abrir novas portas, para cando voltemos á escola rematar o que nos quede por ver.
Espero que este blogue vos sexa de axuda.

Recordatorio para as familias, este é un blogue público, calquera cousa ou dúbida é mellor utilizar as plataformas oficiais como abalar móvil. Isto será unha canle de traballo xeral non de mensaxes para protexer a intimidade do alumnado. Cumplindo así a lei de protección de datos.


Moitísimas grazas. As vosas profes Bea e María.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Tarefas de E.F.

Boas tardes, vou colgar para que teñades a man, as actividades propostas  dende o departamento de Educación Física. Xa vimos a importancia dunha alimentación sá e de facer exercicio. Esperamos que vos gusten. Moitas grazas. Hábitos saludables Muévete en casa Traballo de Educación Física para facer na casa